Las redes son nuestras : una historia popular de internet y un mapa para volver a habitarla / Marta G. Franco ; epílogo Lola Robles
Tipo:
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
IES Universidade Laboral Sala préstamo | 04 FRA red | Dispoñible | CED078000008071 |
|
Internet era nosa. Roubáronnola entre quen vive de extraer os nosos datos persoais e quen necesita que se estenda o odio, pero antes todo ese espazo era noso. Tamén nos roubaron internet cando privatizaron as redes que foran desenvoltas en centros de investigación públicos para darllas a un puñado de empresas. Ou cando se apropiaron de todo o que millóns de persoas estaban a facer en liña para empaquetarlo nun modelo de negocio que chamaron Web 2.0. Contáronnos internet como un exemplo de éxito empresarial para que nos esquezamos do papel dos hacklabs, do financiamento público, de streamers gastando zapatilla nas rúas, de señoras enviando memes a grupos de WhatsApp, de activistas que conspiran, de riders en folga... de millóns de protagonistas que non adoitan aparecer nos relatos e que son parte fundamental do desenvolvemento das tecnoloxías dixitais. Repasar esta historia de vitorias -porque se perdemos tantas veces é porque un intre antes iamos gañando- non é un exercicio de nostalxia impotente, é unha ferramenta para lembrar que se pode gañar. Que internet pode ser un territorio onde aprender, colaborar e avanzar cara a algo que se pareza un pouco máis ao mundo no que queremos vivir. Que podemos pensar unha IA feminista e decolonial máis sostible, aberta e democrática. Este libro é memoria histórica da internet e tamén é unha recompilación de ferramentas para pasar á acción, imaxinar outras redes e construílas xuntes. Por iso é polo que termine cun epílogo no que a escritora Lola Robles adopta o formato de relato especulativo para comezar a imaxinar utopías dixitais compartidas