Vista normal Vista MARC Vista ISBD

O porqué de todas as cousas / Quim Monzó

por Monzó, Quim (1952-) [autor/a]; Hermo, Gonzalo (1987-) [tradutor/a].
Tipo: MonografíaEditor: Pontevedra : Faktoría K , 2020 Edición: 1ª ed.Descrición: 144 p. ; 21 cm.ISBN: 9788416721726.Títulos uniformes: El perquè de tot plegat.Materia(s): Relacións persoais | Sociedade | Estereotipos | Humor negroRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: A obra aborda situacións da vida cotiá -problemas existenciais tanto individuais como colectivos- dándolles unha visión grotesca e deformada da realidade, con enfoques insólitos, levados ata extremos esaxerados. Os seus protagonistas procuran o pracer e a fantasía pero vense atrapados nas dúbidas e na confusión.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
IES Universidade Laboral
Sala préstamo
89 MON por Dispoñible CED078000007973

Éxito de vendas e de crítica, que o considerou un dos exercicios máis virtuosos da literatura catalá contemporánea, a trintena de historias breves que conforman «O porqué de todas as cousas» son aparentemente simples e esquemáticas pero revelan a mestría narrativa -especialmente no xénero do relato- de Quim Monzó, a súa capacidade de síntese e a súa certeira visión da eterna incertidume humana, exposta de forma aguda, irónica e directa. Comparado con Kafka, Borges e Rabelais e consagrado como un dos autores máis relevantes da súa xeración, Monzó retrata nesta obra as relacións afectivas e ridiculiza a sociedade actual a través da ficción, cunha linguaxe transparente e precisa, sen máis filtros que a súa poderosa imaxinación, o manexo dos dobres sentidos e do humor negro, e o seu estilo hilarante que subverte os estereotipos sociais e a lóxica interna do relato.

Nada se salva da súa impronta paródica e axitadora: estes contos son un reflexo tan absurdo como abraiante dos devezos e incertezas do tempo presente. Varios relatos deste libro foron adaptados polo director de cine Ventura Pons na película «El porqué de las cosas» (1995).

A obra aborda situacións da vida cotiá -problemas existenciais tanto individuais como colectivos- dándolles unha visión grotesca e deformada da realidade, con enfoques insólitos, levados ata extremos esaxerados. Os seus protagonistas procuran o pracer e a fantasía pero vense atrapados nas dúbidas e na confusión.

Adultos/as

Coa tecnoloxía Koha