Obra maestra / Juan Tallón - 3ª ed - Barcelona : Anagrama , 2022 - 320 p. ; 22 cm - (Narrativas hispánicas ; 688) .

A historia que narra esta novela é do todo inverosímil... e con todo sucedeu. É incrible, pero é verdade: un museo de primeiro nivel internacional −o Raíña Sofía− encarga para a súa inauguración en 1986 unha obra a unha estrela da escultura, o norteamericano Richard Serra. O escultor entrega unha peza creada ad hoc para a sala na que ía exhibirse. A escultura en cuestión −Equal-Parallel/Guernica-Bengasi− consta de catro bloques de aceiro independentes de grandes dimensións. Inmediatamente elévase a peza a obra mestra do minimalismo. Finalizada a mostra, o museo decide gardala e, en 1990, por falta de espazo, confíaa a unha empresa de almacenaxe de arte, que a traslada á súa nave en Arganda del Rey. Cando quince anos despois o Raíña Sofía quere recuperala, resulta que a escultura −de trinta e oito toneladas!− volatilizouse. Ninguén sabe como desapareceu, nin en que momento, nin a mans de quen. Para entón a empresa que a custodiaba xa nin sequera existe. Cero pistas sobre o seu paradoiro. A misteriosa desaparición queda elevada tamén a categoría de obra mestra. Como o escándalo adquire resonancia mundial, Serra acepta replicar a peza e darlle rango de orixinal, e o Raíña Sofía, sumala á súa exposición permanente.

9788433999412

821.134.2-31"20"

Coa tecnoloxía Koha